Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 27 de maio de 2020 Páx. 21442

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Segunda)

ANUNCIO de interposición do recurso contencioso-administrativo PO 4053/2020 contra o Plan xeral de ordenación municipal da Fonsagrada.

No presente órgano xudicial tramítase procedemento ordinario número 4053/2020 interposto polo procurador Luis Felipe Rodríguez Fernández, en nome e representación de JMFC, fronte ao Concello da Fonsagrada (Lugo) e a Consellería de Medio, Territorio e Vivenda, contra a Orde do 3 de xullo de 2019 sobre aprobación definitiva do Plan xeral de ordenación municipal da Fonsagrada (Lugo).

Polo que, en cumprimento da dilixencia de ordenación do 15.5.2020 e do establecido no artigo 47.2 da LXCA, concédese un prazo de quince días para a comparecencia dos que teñan interese lexítimo en soster a conformidade co dereito da disposición, acto ou conduta impugnados.

A Coruña, 15 de maio de 2020

José Miguel Formoso Sobrado
Letrado da Administración de xustiza