Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Mércores, 27 de maio de 2020 Páx. 21436

III. Outras disposicións

Axencia Galega das Industrias Culturais

EXTRACTO da Resolución do 18 de maio de 2020 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento CT402C).

BDNS (Identif.): 506968.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pódese consultar na Base de datos nacional de subvencións

(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index):

Primeiro. Persoas beneficiarias

Persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia (modalidades A1, A2, A3 y A4).

Persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos musicais con sede social ou establecemento permanente na Comunidade Autónoma de Galicia (B1, B2 e B3).

Segundo. Finalidade

Fixar as bases que regularán o réxime de subvencións establecidas pola Agadic para promover a distribución exterior e interior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías ou grupos profesionais con sede na Comunidade Autónoma de Galicia, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro (código de procedemento CT402C).

Terceiro. Bases reguladoras

Resolución do 18 de maio de 20202 pola que se aproban as bases, en réxime de concorrencia non competitiva, de subvencións ás actividades de distribución para industrias culturais, e se convocan para o ano 2020 (código de procedemento CT402C).

Cuarto. Importe

O importe máximo para o financiamento das axudas incluídas nesta convocatoria é de 300.000 euros, dos cales 150.000 euros son para artes escénicas (modalidades A1, A2, A3 e A4) e 150.000 euros para música (modalidades B1, B2 e B3) da partida orzamentaria 2020.11.A1.432.B.470.0, para o ano 2020.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo para a presentación das solicitudes será dun mes desde o día seguinte ao da publicación da correspondente convocatoria no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se o último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte e, se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes.

Santiago de Compostela, 18 de maio de 2020

Román Rodríguez González
Presidente do Consello Reitor da Axencia Galega das Industrias Culturais