Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 100 Martes, 26 de maio de 2020 Páx. 21308

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Parada de Sil

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias municipais para delimitación no núcleo rural de Regueiro.

O Pleno municipal do Concello de Parada de Sil, na súa sesión ordinaria do 13 de maio de 2020, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias municipais do Concello de Parada de Sil para delimitación no núcleo rural de Regueiro, redactada por Manuel Durán Arriero con data de outubro de 2019.

Tanto o instrumento de planeamento coma o expediente sométense a información publica durante o prazo de dous meses, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos diarios de maior difusión da provincia, de conformidade co previsto no artigo 78 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Durante o citado prazo, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, poderán formularse as alegacións que se consideren pertinentes.

O expediente poderá ser consultado, mediante ligazón na páxina web do Concello (www.paradadesil.es), e mediante a consulta nas oficinas deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas.

Co acordo de aprobación inicial suspéndese a tramitación das licenzas de parcelación, edificación e demolición da área afectada (núcleos de San Adrián e O Pombar da Granxa), durante o prazo máximo de dous anos contados a partir da data de aprobación inicial deste instrumento de ordenación, de conformidade co artigo 47.2 da Lei 2/2016, do solo de Galicia.

Parada de Sil, 15 de maio de 2020

Aquilino Domínguez Díaz
Alcalde