Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Luns, 25 de maio de 2020 Páx. 21200

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outeiro de Rei

ANUNCIO sobre a modificación das normas subsidiarias de planeamento municipal para a delimitación do núcleo de Soborvila.

Unha vez aprobada inicialmente, en sesión plenaria do 27 de febreiro de 2020, a modificación puntual das normas subsidiarias de planeamento municipal de Outeiro de Rei para a delimitación do núcleo de Soborvila, en cumprimento do establecido no artigo 60 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, e no artigo 144.6 do Decreto 143/2016, polo que se aproba o regulamento da Lei 2/2016, exponse ao público polo prazo de dous meses a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia, durante o cal se poderá consultar o expediente completo nas oficinas municipais, das 10.00 ás 15.00 horas, e na páxina web do concello www.concellodeouteiroderei.org, a través do portal de transparencia, na epígrafe 7. Urbanismo, obras públicas e ambiente, e, dentro desta, no punto 1. Planeamento urbanístico, ou directamente introducindo no buscador o seguinte enderezo web:

https://outeiroderei.sedelectronica.gal/transparency/1766e847-0f7d-448c-b21d-4501474c24b3/, para facer as alegacións que consideren oportunas.

Outeiro de Rei, 23 de abril de 2020

José Pardo Lombao
Alcalde