BDNS (Identif.): 500508.
De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións
(http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).
Primeiro. Beneficiarias
As confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e as asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial da Comunidade Autónoma de Galicia.
Segundo. Obxecto
As axudas teñen como obxecto apoiar e incrementar a realización de actividades por parte das entidades antes sinaladas, mediante a subvención dos gastos ocasionados por elas, así como dos derivados da xestión administrativa, da adquisición de material non inventariable e do mantemento ordinario das instalacións desde o 1 de xaneiro ata o 31 de outubro de 2020.
Terceiro. Bases reguladoras
Orde do 11 de marzo de 2020 pola que se convocan axudas para financiar as actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado, e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de educación especial, para o ano 2020 (código de procedemento ED507A)..
Cuarto. Importe
Axudas cunha dotación total de 73.927,15 euros, cantidade que procede de fondos propios da Comunidade Autónoma de Galicia e do Ministerio de Educación e Formación Profesional.
Quinto. Prazo de presentación de solicitudes
Será dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2020
Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional