Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 22 de maio de 2020 Páx. 20942

III. Outras disposicións

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2020 pola que se modifican os créditos orzamentarios da Resolución do 2 de agosto de 2019 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (código de procedemento IG638A).

No Diario Oficial de Galicia núm. 154, do 14 de agosto de 2019, publicouse a Resolución do 2 de agosto de 2019 pola que se lle dá publicidade ao acordo do Consello de Dirección do Igape que aproba as bases reguladoras das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva.

No punto terceiro do resolvo establécense os créditos dispoñibles e as aplicacións orzamentarias para as empresas e para os organismos empresariais, polos seguintes importes e distribución plurianual:

Empresas

Código de proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2019

Ano 2020

Total

Convocatoria 2019

2016 00018

09.01.741A.4705

280.000

320.000

600.000

Organismos empresariais

Código de proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2019

Ano 2020

Total

Convocatoria 2019

2016 00018

09.01.741A.4814

150.000

250.000

400.000

No mesmo punto establécese que o director xeral do Igape poderá ampliar o crédito, logo de declaración de dispoñibilidade dos créditos e logo de informe favorable da modificación orzamentaria por parte do organismo intermedio do programa operativo FSE Galicia 2014-2020 (actualmente, a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos), nos supostos e termos referidos no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, mediante resolución publicada para o efecto no Diario Oficial de Galicia.

Tendo en conta que o crédito necesario para atender as solicitudes pendentes de resolver e con informe favorable para empresas precisan un incremento de crédito de 146.456,75 € e que o remanente de crédito da partida para organismos empresariais ascende a 349.234,13 € procede realizar un reaxuste entre ambas as partidas.

Na súa virtude e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

RESOLVO:

Artigo 1

Modificar os créditos do ano 2020 das axudas para a contratación de xestores de internacionalización, cofinanciadas polo Fondo Social Europeo no marco do programa operativo FSE Galicia 2014-2020, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia non competitiva (DOG núm. 154, do 14 de agosto de 2019), quedando do seguinte xeito:

Empresas

Código de proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2019

Ano 2020

Total

Convocatoria 2019

2016 00018

09.01.741A.4705

280.000

466.456,75

746.456,75 €

Organismos empresariais

Código de proxecto

Partida orzamentaria

Ano 2019

Ano 2020

Total

Convocatoria 2019

2016 00018

09.01.741A.4814

150.000

103.543,25

253.543,25 €

Artigo 2

Esta resolución entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2020

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica