Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 22 de maio de 2020 Páx. 21011

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 11 de maio de 2020 pola que se fai público o cofinanciamento da obra de construción dun sistema de microabastecemento público no albergue de Bruma (Mesía), no marco do proxecto Life16 ENV/ES/000533 Water Way da Unión Europea.

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas por eses fondos, cómpre dar publicidade á actuación contratada, de acordo co disposto na Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, pola que se traspoñen ao ordenamento xurídico español as directivas do Parlamento Europeo e do Consello 2014/23/UE e 2014/24/UE, do 26 de febreiro, que a seguir se indica por razón do seu cofinanciamento por parte da Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora:

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/.

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible así mesmo no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal, e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/.

Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

Tipo de contrato: obra.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor (artigo 118 da LCSP).

2. Obxecto do contrato:

Título: construción dun sistema de microabastecemento público no albergue de Bruma (Mesía), no marco do proxecto Life16 ENV/ES/000533 Water Way.

Clave do expediente: GA.19153.

CPV (referencia de nomenclatura): 45232100-3 (obras auxiliares para tubaxe de auga).

Orzamento base: importe neto: 5.335,25 euros. Importe total: 6.455,65 euros.

Prazo de execución: 1 semana.

Importe da adxudicación: importe neto: 4.961,78 euros. Importe total: 6.003,75 euros.

Empresa contratista: Sondeos Mar, S.L.U.

3. Cofinanciamento da Unión Europea:

A actuación referida no punto 2 cofinanciarase coa contribución do instrumento financeiro Life da Unión Europea, que poderá alcanzar ata a porcentaxe máxima do 50 % dos gastos do proxecto, a través dos fondos Life Medio Ambiente e Eficiencia no Uso dos Recursos.

O programa Life é o instrumento da Unión Europea para o desenvolvemento de accións sobre o ambiente e o clima, coa finalidade de achegar solucións e melloras prácticas para vivir ben, respectando os límites do noso planeta.

Nesa liña de ecoinnovación, o obxectivo do proxecto Life Water Way é sinxelo: dotar de abastecemento de auga potable o Camiño Inglés, como exemplo de mitigación dos impactos ambientais derivados do consumo de auga embotellada nas sendas naturais e itinerarios culturais europeos.

Santiago de Compostela, 11 de maio de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia