Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Venres, 22 de maio de 2020 Páx. 20999

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 5 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de nova captación de augas para regadío na Comunidade de Regantes Antioquía, na parroquia de Cortegada, no concello de Sarreaus (Ourense) (expediente 2019/0036).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 5 de maio de 2020 do proxecto de nova captación de augas para regadío na Comunidade de Regantes Antioquía, na parroquia de Cortegada, no concello de Sarreaus (Ourense), promovido por Comunidad de Regantes Antioquía.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático