Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 20 de maio de 2020 Páx. 20832

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 7 de maio de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai público o informe de impacto ambiental do proxecto de ampliación da autorización para o almacenamento de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e pneumáticos fóra de uso para un centro xestor de residuos no polígono industrial de Sabón, no concello de Arteixo (A Coruña) (expediente 2018/0261).

De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 7 de maio de 2020 do proxecto de ampliación da autorización para o almacenamento de residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE) e pneumáticos fóra de uso para un centro xestor de residuos no polígono industrial de Sabón, no concello de Arteixo (A Coruña), promovido por Desguaces Lema, S.L.

Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:

https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático