Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 15 de maio de 2020 Páx. 20226

III. Outras disposicións

Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de maio de 2020 pola que se dá publicidade do convenio de colaboración subscrito no primeiro cuadrimestre do ano 2020.

O artigo 15.2 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, impón a cada consellería ou entidade da Xunta de Galicia a obriga de publicar no Diario Oficial de Galicia unha relación dos convenios subscritos no cuadrimestre anterior.

En consecuencia, e para dar cumprimento a esta obriga,

DISPOÑO:

Artigo único.

Darlle publicidade ao convenio subscrito polo Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia nos meses de xaneiro, febreiro, marzo e abril do ano 2020, que se incorpora como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 5 de maio de 2020

O presidente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia
P.D. (Resolución do 8.3.2019, DOG núm. 54)
Adela Quinzá-Torroja García
Xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia

ANEXO

Convenio

Obxecto

Importe achegado polo Issga

Data de sinatura

Convenio de colaboración entre a Escola Galega de Administración Pública e o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia para o desenvolvemento de actividades de formación, divulgación e investigación en materia de prevención de riscos laborais

A participación nas actividades da EGAP do persoal dependente do Issga, así como a colaboración e o desenvolvemento conxunto de actividades de carácter formativo, divulgador e investigador en materias de competencia das institucións asinantes deste; para actuar de forma máis eficaz e eficiente na utilización dos medios humanos, materiais e organizativos de cada unha delas, para un mellor cumprimento dos fins de ambas as dúas partes, en beneficio da cidadanía e da sociedade galega

0 €

9.1.2020