Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Venres, 15 de maio de 2020 Páx. 20354

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense

EDICTO (882/2018).

Eu, María Dolores Prieto Rascado, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal nº 882/2018, seguido por instancia de Grenke Rent, S.L. fronte a Orengres, S.L., se ditou sentenza con data 26.3.2019 e auto que a completa con data 3.4.2019, cuxo encabezamento, resolución e parte dispositiva son como segue:

Sentenza:

Ourense, 26 de marzo de 2019.

Vistos por Águeda Rodríguez Domínguez, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense, os autos de xuízo verbal nº 882/2018 sobre reclamación de cantidade.

Seguen antecedentes de feito.

Seguen fundamentos de dereito.

Resolución:

Estimo a demanda formulada pola entidade Grenke Rent, S.L.U., a través da súa defensa e representación, contra a entidade Orengres, S.L. cos seguintes pronunciamentos:

– Declaro resolto o contrato asinado entre as partes, condenando a parte demandada a devolver á demandante os bens obxecto de contrato de arrendamento na forma prevista no contrato (domicilio da entidade demandante ou de quen esta designe, asumindo o demandado os gastos e custos da entrega).

– Condeno á parte demandada a que aboe á parte demandante a cantidade total de dous mil catrocentos oitenta e catro euros con oitenta e cinco céntimos de euro (2.484,85 euros: 2.053,33 euros en concepto de principal, máis 431,52 euros en virtude da cláusula contractual penal por incumprimento), máis os xuros moratorios percibidos desde a data do requirimento de pagamento ata a data da sentenza, e desde este data e ata o completo pagamento, os xuros do artigo 576 da LAC.

As custas impóñenselle á entidade Orengres, S.L.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe interpoñer recurso, artigo 455 da LAC.

Así, por esta miña sentenza, da cal se levará testemuño aos autos, quedando o orixinal no libro de sentenzas deste xulgado, pronúncioa, mándoa e asínoa.

Auto:

Xuíz/maxistrado xuíz: Águeda Rodríguez Domínguez.

Ourense, 3 de abril de 2019.

Seguen feitos.

Seguen razoamentos xurídicos.

Parte dispositiva:

Acordo completar a sentenza do 26 de marzo de 2019, facendo constar o seguinte pronunciamento:

«Condeno a parte demandada a aboar á parte demandante, en virtude da cláusula contractual penal por incumprimento, o importe de 2,32 euros diarios por cada día natural de atraso na devolución do ben. Na data da demanda, a dita débeda ascende á contía de 431,52 euros, que se deberá incrementar a razón do importe diario mencionado ata que se produza a correcta entrega dos bens á parte demandante».

Contra a presente resolución non cabe interpoñer recurso.

Así o acorda, manda e asina Águeda Rodríguez Domínguez, maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia número 3 de Ourense.

E ao estar o dito demandado, Orengres S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Ourense, 14 de maio de 2019

A letrada da Administración de xustiza