Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 14 de maio de 2020 Páx. 20126

III. Outras disposicións

Axencia Turismo de Galicia

EXTRACTO da Resolución do 29 de abril de 2020 pola que se amplían os prazos de execución e de xustificación previstos na Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020 (código de procedemento TU300A).

BDNS (Identif.): 433429.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Prazo de execución e xustificación da subvención

Modifícase o artigo 16.2 da Resolución do 28 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións a proxectos novos de dinamización do Xacobeo 2021 dentro do programa O teu Xacobeo e se procede á súa convocatoria para os anos 2019 e 2020, de xeito que queda redactado como segue:

– Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de xaneiro e o 31 de outubro de 2019, o prazo de xustificación rematará o 15 de novembro de 2019.

– Se o proxecto ou actuación subvencionada se executa entre o 1 de novembro de 2019 e o 31 de outubro de 2020, o prazo de xustificación rematará o 15 de novembro de 2020.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2020

Mª Nava Castro Domínguez
Directora da Axencia Turismo de Galicia