Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 14 de maio de 2020 Páx. 20145

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 6 de maio de 2020 polo que se somete a información pública o proxecto de conexión exterior de saneamento do parque de actividades económicas de Arteixo (Acteca), A Coruña.

De conformidade co establecido pola Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia, e tendo en conta o disposto na Orde da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, do 27 de abril de 2020, pola que se acorda o inicio e/ou a continuación da tramitación de determinados procedementos indispensables para a protección do interese xeral ou para o funcionamento básico dos servizos públicos no ámbito desta consellería durante a vixencia do estado de alarma, sométese a información pública o proxecto de conexión exterior de saneamento do parque de actividades económicas de Arteixo (Acteca), A Coruña, durante o prazo dun mes contado a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o prazo referido, calquera persoa poderá examinar a devandita documentación na páxina web do IGVS (http://igvs.xunta.gal/web/actuamos/939) e presentar ante o IGVS as alegacións, documentos e xustificacións que considere pertinentes.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2020

Heriberto García Porto
Director xeral do Instituto Galego de Vivenda e Solo