Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20053

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Oleiros

ANUNCIO de aprobación inicial do estudo de detalle no cuarteirón R-8 do SUP 3-R, Perillo (expediente FG 643).

Mediante a Resolución da Alcaldía número 2020001651, do 6 de maio de 2020, acordouse aprobar inicialmente o estudo de detalle de axuste de rasantes de implantación no cuarteirón R-8 do Plan parcial do SUP 3-R, en Perillo (documento R.E. nº 2020004801, do 24.4.2020).

De conformidade co artigo 194 do Decreto 143/2016, do 22 de setembro, que aproba o Regulamento da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, o expediente estará exposto ao público na Área de Urbanismo do Concello de Oleiros, das 8.30 ás 14.00 horas, polo prazo dun mes, para os efectos de presentación das alegacións que se consideren oportunas.

Oleiros, 7 de maio de 2020

Ángel García Seoane
Alcalde presidente