Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 92 Mércores, 13 de maio de 2020 Páx. 20006

III. Outras disposicións

Axencia Galega de Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 4 de maio de 2020 pola que se dá publicidade da Resolución do 29 de abril de 2020 pola que se encomenda á Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga) a roza, corta e acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a retirada, rachadura ou amoreamento e venda da madeira das árbores situadas no dominio público das marxes das estradas de titularidade autonómica de Galicia (2020).

De conformidade co disposto no artigo 8 da Lei 19/2013, do 9 de decembro, de transparencia, acceso á información pública e bo goberno, dáse publicidade á seguinte encomenda coas seguintes características:

Resolución do 29 de abril de 2020 da Axencia Galega de Infraestruturas pola que se encarga ao medio propio Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. (Seaga), a roza, corta e acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas e a retirada, rachadura ou amoreamento e venda da madeira das árbores situadas no dominio público das marxes das estradas de titularidade autonómica de Galicia (2020).

– Actividade: os traballos que se van realizar baixo a cobertura desta encomenda consistirán na roza de vexetación e arbustos e corta de árbores situadas na zona de dominio público das estradas da Rede de estradas de Galicia, incluíndo a corta polo pé, a retirada e/ou amoreamento de residuos e tamén a venda da madeira aproveitable. Ademais, realizaranse traballos de acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas.

– Natureza e alcance da xestión encomendada: encomenda de xestión a medios propios, ao ter a Empresa Pública de Servizos Agrarios Galegos, S.A. a consideración de medio propio e de servizo técnico da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia, ao abeiro do establecido nos artigos 10 e 47 e seguintes da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

– Prazo de vixencia: trece (13) meses.

– Modalidade de financiamento: esta encomenda tramítase con cargo aos orzamentos da Axencia Galega de Infraestruturas para o ano 2020, aplicación orzamentaria 08.A1.512B.610.1.

– Orzamento: 1.854.787,34 €.

Santiago de Compostela, 4 de maio de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas