Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Venres, 8 de maio de 2020 Páx. 19533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 14 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental e a solicitude de autorización ambiental integrada para a ampliación da explotación porcina de ceba no Pedrón, de O Pedrón, S.C., no concello de Vilar de Barrio (expediente 2019-IPPC-I-172).

Para os efectos previstos no artigo 29 da Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais de Galicia (BOE núm. 273, do 10 de novembro) faise público que por espazo de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o documento titulado:

– «Proxecto básico e Estudo de impacto ambiental para a solicitude da autorización ambiental integrada, O Pedrón, S.C. Febreiro 2020».

No obstante o anterior, e de conformidade coa disposición adicional terceira e cuarta do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o inicio do prazo comenzará a computarse no momento en que perda vixencia o estado de alarma declarado pola dita disposición ou as súas eventuais prórrogas.

Para que calquera interesado poida consultalos e, se for o caso, formular no citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que coide oportunas, o documento estará ao dispor dos administrados, en horario de atención ao público, nas seguintes dependencias:

– Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático-Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación (rúa de San Lázaro, s/n, 15781 Santiago de Compostela).

Ademais, poderán acceder a esta información na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/→medioambiente e sostibilidade→prevención e control de actividades→autorización ambiental integrada→proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 14 de abril de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO I

Memoria resumo

Clave do expediente: 2019-IPPC-I-172.

Peticionario: O Pedrón, S.C.

CIF: J32469827.

Enderezo social: Bóveda de Limia, 4, 32702 Vilar de Barrio, Ourense.

Localización da instalación: O Pedrón, Bóveda, 32702 Vilar de Barrio, Ourense.

Actividade: ampliación de explotación porcina de ceba no Pedrón.

Descrición: o proxecto consiste na ampliación dunha explotación porcina de ceba na cal os animais entran con 20 kg e saen con 120 kg. Na actualidade conta con 2 naves, unha das cales se ampliará, co que a explotación pasará a ter unha capacidade total de dúas mil seiscentas corenta prazas. A instalación conta cunha fosa externa de xurro cuberta.

As augas residuais de limpeza das naves son conducidas á fosa de xurro. As augas pluviais vértense directamente ao terreo. As augas residuais fecais van a unha fosa séptica. O xurro xerado na instalación será xestionado mediante a súa aplicación en parcelas agrícolas.

Inclúese na documentación presentada o grao de implantación das mellores técnicas dispoñibles, atendendo ao recollido na Decisión de execución (UE) 2017/302 da Comisión, do 15 de febreiro de 2017, pola que se establecen as conclusións sobre as mellores técnicas dispoñibles (MTD) no marco da Directiva 2010/75/UE do Parlamento Europeo e do Consello, respecto á cría intensiva de aves de curral ou de porcos.