Advertido un erro na publicación da citada orde no Diario Oficial de Galicia número 84, do 4 de maio de 2020, cómpre facer a corrección oportuna:
Na páxina 18958, na letra k) do número 2 do anexo da relación de procedementos administrativos cuxo inicio e/ou continuación se autoriza de forma motivada no ámbito da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, onde di:
«k) Excepción ás normas xerais de protección de especies silvestres PR004A.»
Debe dicir:
«k) Excepción ás normas xerais de protección de especies silvestres.»