Visto o expediente para outorgamento da autorización administrativa previa e de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:
Solicitante: UFD Distribución electricidad, S.A.
Domicilio social: avenida San Luis, 77, 28033 Madrid.
Denominación: LMT RGOL SAR804 AP D169 e D170 tramo 11020933 (Paradela).
Situación: concello de Paradela.
Características técnicas:
– Liña de media tensión SAR 804 Oural-Cog. Magnesitas Rubián 4 con orixe no apoio existente BPL47256//D166, pasa polos apoios existentes 167 e 168 e polos apoios proxectados 169N tipo S-C-1000-16 e 170N tipo S-C-1000-18 e remata no apoio existente BPAR8EKV//D171, cunha lonxitude de 521 metros de condutor tipo LA-56.
– Liña de media tensión derivación a CT Vilachá (27AR24) con orixe no apoio proxectado 169N e final no apoio existente BPF35PS6//D169-1, cunha lonxitude de 22 metros de condutor tipo LA-56.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310); no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310); no Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproba o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias, e na Resolución do 19 de febreiro de 2014, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia, esta xefatura territorial, de acordo coas competencias que resultan do Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se crea e se establece a estrutura orgánica da consellería, e tendo en conta o Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, sobre órganos competentes para autorización de instalacións eléctricas na Comunidade Autónoma de Galicia, resolve:
Conceder a autorización administrativa previa e de construción ás ditas instalacións, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no seu proxecto e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente, independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.
O prazo de posta en marcha das instalacións que se autorizan será de doce meses, contados a partir da data da última autorización administrativa necesaria para a súa execución.
Contra esta resolución poderase interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes, a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación desta resolución; tamén se poderá interpor calquera outro recurso que se considere pertinente ao seu dereito.
De conformidade co establecido na disposición adicional oitava do Real decreto lei 11/2020, do 31 de marzo, polo lo que se adoptan medidas urxentes complementarias no ámbito social e económico para facer fronte o COVID-19, o referido prazo para a interposición do recurso segundo o disposto na resolución computarase desde o día seguinte hábil á data de finalización da declaración do estado de alarma, con independencia do tempo que transcorrese desde a notificación da actuación administrativa obxecto do recurso ou impugnación con anterioridade á declaración do estado de alarma.
O antedito enténdese sen prexuízo da eficacia e executividade do acto administrativo obxecto de recurso ou impugnación.
Lugo, 17 de abril de 2020
Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo