Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 7 de maio de 2020 Páx. 19222

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 2 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública a documentación para a revisión da autorización ambiental integrada outorgada a Hermanos García Mato, C.B. para unha granxa de porcas reprodutoras (expediente 2019-IPPC-M-60).

O artigo 26 do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 316, do 31 de decembro), regula a revisión das autorizacións ambientais integradas.

Os artigos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisións industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (Boletín Oficial del Estado núm. 251, do 19 de outubro), regulan o procedemento de revisión das autorizacións ambientais integradas.

Para os efectos previstos no artigo 15.5.a) do Real decreto 815/2013, sométese a información pública, durante un prazo de vinte (20) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación presentada polo titular para que calquera persoa interesada poida consultala e, de ser o caso, presentar dentro do citado prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

A documentación estará á disposición dos administrados nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, no Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación, en horario de atención ao público (rúa San Lázaro, s/n, Santiago de Compostela).

Ademais, tamén se poderá consultar na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (http://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada >>proxectos en información pública).

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Expediente: 2019-IPPC-M-60.

Número da autorización ambiental integrada: 2006/0186_NAA/IPPC_026.

Categoría principal da actividade: anexo I, categoría 9.3.c), do Real decreto lexislativo 1/2016, do 16 de decembro.

Titular: Hermanos García Mato, C.B.

Enderezo da instalación: San Salvador, s/n, 15800, concello de Melide, provincia da Coruña (parcela ref. 15047A047000820000GS).

Actividade principal: granxa de porcas reprodutoras.

Verteduras: as augas xeradas nos labores de limpeza das instalacións e as augas procedentes dos aseos e vestiarios da granxa condúcense aos sistemas de almacenamento externo de dexeccións. No que respecta ás augas pluviais, a granxa non conta cun sistema de recollida para estas augas, que se incorporan limpas directamente ao medio natural.