Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 87 Xoves, 7 de maio de 2020 Páx. 19230

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 16 de abril de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Tordoia (expediente-e IN407A 2019/89-1).

Expediente-e: IN407A 2019/89-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS punto de fronteira Viladeabade, no lugar de Viladeabade, s/n.

Concello: Tordoia.

Características técnicas:

• CS prefabricado telecontrolado, 20 kV, en configuración 3 L e servizos auxiliares.

• LMTS a 20 kV de 2×18 metros (E/S), condutor tipo RHZ1-2OL 12/20 kV 1×240 mm2 Al, coa orixe no apoio proxectado número 171-7-33/1, tipo C-14/1000-H35, con paso A/S da liña MEI-823 e remate no apoio proxectado número 171-7-33/1, tipo C-14/1000-H35 con paso A/S logo de facer E/S no CS proxectado.

• Retensado da LMTA a 20 kV de 264 metros, condutor tipo LA-30 Al, coa orixe no apoio número 171-7-32 existente da MEI-823 e remate no apoio número 171-7-34. Novo apoio número 171-7-33/1, tipo C-14/1000-H35, na LMTA. MEI-823 na derivada ao CT Vila de Abad (expediente IN407A2016/435-1-RALI), con 2 pasos A/S localizado entre os apoios 171-7-32 e 171-7-34.

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE nº 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE nº 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE nº 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE nº 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG nº 54, do 19 de marzo).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE nº 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE nº 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 16 de abril de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e.: IN407A 2019/89-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: LMTS punto de fronteira Viladeabade, no lugar de Viladeabade, s/n.

Concello: Tordoia.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Paraxe: 15085A501035210000 EQ-Chousa do Muíño.

Cultivo: labor ou labradío secaño.

Propietarias/os: herdeiras/os Isolina Brea García-representante: María del Carmen Pereiro Brea.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio número: 171-7-33/1.

• M2: 9,0.

Afección de solo por servidume de paso de enerxía eléctrica:

• Metros lineais soterrados: 4,0.

• M2 soterrados: 12,0.