Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 6 de maio de 2020 Páx. 19167

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se somete a información pública o estudo de impacto ambiental do proxecto de ampliación de granxa de porcino de ceba, ata as 2.446 cabezas, na parroquia de Vilacaíz, no concello do Saviñao (expediente 2020/0092).

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que polo prazo de trinta (30) días, contados a partir do seguinte ao da publicación de anuncio no Diario Oficial de Galicia, quedará exposto o estudo de impacto ambiental para o proxecto de ampliación de granxa de porcino de ceba, ata as 2.446 cabezas, na parroquia de Vilacaíz, promovido por Teijeiro y Rodríguez, S.C., nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa), co fin de que calquera interesado poida consultalo e, de ser o caso, formular no dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que xulgue convenientes.

Non obstante o anterior, e de conformidade coas disposicións adicionais terceira e cuarta do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión de la situación da crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, o inicio do prazo comezará a contar, tras a publicación deste anuncio no DOG, no momento en que perda vixencia o estado de alarma declarado pola dita disposición ou as súas eventuais prórrogas.

Para efectos deste expediente tramita, como órgano substantivo, a Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático.

Este estudo tamén se poderá consultar na seguinte ligazón:

http://cmatv.xunta.gal/participacion-avaliacion-proxectos.

Santiago de Compostela, 27 de abril de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático