Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Mércores, 6 de maio de 2020 Páx. 19163

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (684/2019).

Eu, María Iria Román Vidarte, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento CUA nº 684/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Eva Ojea Pazos contra Cristina Márquez Aparicio, sobre reclamación de cantidade, se ditou Decreto do 8.1.2020, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Acordo:

– Dar por finalizado, arquivar o presente procedemento e dar conta para os efectos do oportuno despacho de execución, conforme o disposto no artigo 35.3 da LAC.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e os datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres tanto non sexan facilitados outros datos alternativos; será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. A letrada da Administración de xustiza».

Os prazos comezarán a contar unha vez que alce a suspensión dos prazos procesuais a autoridade competente.

E para que lle sirva de notificación en forma legal a Cristina Márquez Aparicio, en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2020

A letrada da Administración de xustiza