Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 85 Martes, 5 de maio de 2020 Páx. 19111

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 20 de abril de 2020 pola que se fai público o cofinanciamento de servizos do proxecto 0092_Aqualitrans_1_E nun 75 % pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

missing image file

missing image file

Para os efectos previstos na normativa da Unión Europea reguladora dos fondos europeos en relación coa obriga de información e publicidade das actuacións cofinanciadas polos ditos fondos, Regulamento de execución (UE) nº 808/2014 da Comisión, do 17 de xullo de 2014, polo que se establecen disposicións de aplicación do dito Regulamento (UE) nº 1305/2013, cómpre dar publicidade ás actuacións contratadas, de acordo coa normativa de contratos do sector público de aplicación, que a continuación se indican por razón do seu cofinanciamento pola Unión Europea:

1. Entidade adxudicadora.

Entidade: Augas de Galicia, entidade pública adscrita á Consellería de Infraestruturas e Mobilidade da Xunta de Galicia.

Actividade principal exercida: infraestruturas e servizos hidráulicos.

Enderezo da internet: http://augasdegalicia.xunta.gal/

Perfil de contratante: http://www.contratosdegalicia.gal/consultaOrganismo.jsp?N=216. Tamén se terá acceso ao perfil de contratante desde a Plataforma de contratos públicos de Galicia https://www.contratosdegalicia.gal, accesible, así mesmo, no portal web institucional da Xunta de Galicia https://www.xunta.gal e na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal, o Portal de transparencia de Galicia https://transparencia.xunta.gal, a Plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e a páxina web https://augasdegalicia.xunta.gal/

Dependencia que tramita o expediente: contratación.

Tipo de contrato: servizo.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento de adxudicación: contrato menor.

2. Obxecto dos contratos.

a) Título: servizo para a organización das xornadas de capacitación do proxecto 0092_Aqualitrans_1_E, no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020.

Clave do expediente: GA.19178.

CPV (referencia de nomenclatura): 79952000-2 (servizo de eventos).

Orzamento base: importe neto: 14.500,00 euros. Importe total: 17.545,00 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 12.700,00 euros. Importe total: 15.367,00 euros.

Empresa contratista: G64 Comunicación, S.L.

b) Título: servizo para a elaboración dun vídeo resumo do proxecto 0092_Aqualitrans_1_E, no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020.

Clave do expediente: GA.19189.

CPV (referencia de nomenclatura): 92100000-2 (servizos de cine e vídeo).

Orzamento base: importe neto: 9.000,00 euros. Importe total: 10.890,00 euros.

Prazo de execución: 3 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 8.350,00 euros. Importe total: 10.103,50 euros.

Empresa contratista: Taller de Técnicas Creativas, S.L.U.

c) Título: servizo para a edición da guía de mellores prácticas na operación de estación depuradora de augas residuais (EDAR) do proxecto 0092_Aqualitrans_1_E, no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal 2014-2020.

Clave do expediente: GA.19207.

CPV (referencia de nomenclatura): 79971000-1 (servizos de encadernación e acabado de libros).

Orzamento base: importe neto: 9.000,00 euros. Importe total: 9.360,00 euros.

Prazo de execución: 2 meses.

Importe da adxudicación: importe neto: 8.480,00 euros. Importe total: 8.819,20 euros.

Empresa contratista: Campus na Nube, S.L.

3. Información sobre o cofinanciamento dos contratos con fondos da Unión Europea.

As actuacións referidas no punto 2 cofinanciaranse pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) nun 75 % do gasto elixible, no marco do Programa operativo de cooperación transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) 2014-2020.

As actuacións enmárcanse dentro do programa operativo no eixe 3: crecemento sustentable a través dunha cooperación transfronteiriza pola prevención de riscos e a mellora da xestión dos recursos naturais. Obxectivo temático 6: conservar e protexer o ambiente e promover a eficiencia dos recursos. Prioridade de investimento 6F: fomento de tecnoloxías innovadoras para a mellora da protección ambiental e a eficiencia dos recursos no sector dos residuos e o sector da auga, e con respecto ao solo ou á redución da contaminación atmosférica. Obxectivo específico OE6F: incrementar os niveis de eficiencia na utilización dos recursos naturais para contribuír ao desenvolvemento da economía verde no espazo de cooperación.

Santiago de Compostela, 20 de abril de 2020

A presidenta de Augas de Galicia
P.D. (Resolución do 30.1.2012; DOG núm. 21, do 31 de xaneiro)
Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia