Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 84 Luns, 4 de maio de 2020 Páx. 18963

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

DECRETO 66/2020, do 12 de marzo, polo que se dispón o cesamento e o nomeamento de membros do Consello Escolar de Galicia.

O artigo 6 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, o artigo 9 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se desenvolve a dita lei, e o artigo 14 do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do réxime interno do Consello Escolar de Galicia, establecen que se ten que proceder á renovación por metades dos conselleiros de cada un dos grupos que integran o Consello.

Efectuada a designación dos representantes das entidades enumeradas no artigo 4.1 da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, e nos termos que establecen o artigo 9 do Decreto 44/1988, do 11 de febreiro, polo que se regulan o Consello Escolar de Galicia, os consellos escolares territoriais e municipais, en desenvolvemento da Lei 3/1986, do 18 de decembro, e o artigo 14 do Decreto 87/1992, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de réxime interno do Consello Escolar de Galicia.

De conformidade co exposto, por proposta da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional, logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do doce de marzo de dous mil vinte,

DISPOÑO:

Artigo 1

Que cesen como membros do Consello Escolar de Galicia as seguintes persoas:

1º. En representación do profesorado nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público:

María Xosé Rodríguez Martínez (Confederación Intersindical Galega).

José Raúl Gómez Farto (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

Julio Díaz Escolante (Sindicato Independiente ANPE Galicia).

b) Ensino privado:

Gerardo Morano Díaz (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

2º. En representación de pais e nais de alumnos/as, por proposta das confederacións de asociacións de pais e nais de alumnos/as en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

Javier Sánchez García (Confederación de ANPAS de Centros Públicos).

b) Ensino privado:

María José Mansilla Chao (Confederación Galega de Pais e Nais de Alumnos).

3º. En representación do persoal de administración e servizos, por proposta das centrais sindicais máis representativas:

Digna Lía Rodríguez Barros (Unión Xeral de Traballadores).

4º. En representación de titulares de centros privados, por designación das organizacións empresariais correspondentes máis representativas:

José Antonio Moar Armas (Federación de Centros de Ensinanza Privada).

5º. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

José Manuel Fuentes Fariña (Comisións Obreiras).

Otilia Mourelo Barreiro (Central Sindical Independente e de Funcionarios).

6º. En representación das organizacións empresariais, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

Marta Amate López

7º. En representación do profesorado, por proposta dos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

María dos Anxos González Refoxo (Coordenadora Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

José Luís Fernández Díaz (Federación Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

8º. En representación da Administración educativa, por designación da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional:

María Carmen Cimadevila Cea

José Manuel Pinal Rodríguez

Manuel Corredoira López

9º. En representación da Administración local, por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias:

María do Carme Fouces Díaz

Gabriel Alén Castro

Oscar Benito Portela Fernández

Jorge Cubela López

Miguel Domínguez Alfonso

Olga Alonso Suárez

Francisco Magide Bizarro

10º. En representación da universidade, por proposta do seu máximo órgano de goberno:

Rita Gradílle Pernas

11º. En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, por proposta da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional:

Daniel Barata Quintas

12º. En representación da Secretaría Xeral para a Igualdade:

Pilar García-Rodeja Gayoso

Artigo 2

Noméanse membros do Consello Escolar de Galicia, nas condicións determinadas no articulado da Lei 3/1986, do 18 de decembro, de consellos escolares de Galicia, as seguintes persoas:

1º. En representación do profesorado nos niveis educativos correspondentes ao ámbito do ensino non universitario de Galicia:

a) Ensino público:

María Xosé Rodríguez Martínez (Confederación Intersindical Galega).

Paula Carreiro Prieto (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

Julio Díaz Escolante (Sindicato Independiente ANPE Galicia).

b) Ensino privado:

Azucena Rodríguez Amoroso (Federación de Traballadores do Ensino-Unión Xeral de Traballadores).

2º. En representación de pais e nais de alumnos/as, por proposta das confederacións de asociacións de pais e nais de alumnos/as en proporción á súa representatividade:

a) Ensino público:

Javier Sánchez García (Confederación de ANPAS Galegas).

3º. En representación do persoal de administración e servizos, por proposta das centrais sindicais máis representativas:

Digna Lía Rodríguez Barros (Unión Xeral de Traballadores).

María Burque Gerpe (Comisións Obreiras).

4º. En representación de titulares de centros privados, designados polas organizacións empresariais correspondentes máis representativas:

José Antonio Moar Armas (Federación de Centros de Ensinanza Privada).

5º. En representación das centrais sindicais que, de acordo coa lexislación vixente, teñan a consideración de máis representativas en Galicia:

José Manuel Fuentes Fariña (Comisións Obreiras).

Cándido Díaz López (Central Sindical Independente e de Funcionarios).

6º. En representación das organizacións empresariais, por proposta da Confederación de Empresarios de Galicia:

Marta Amate López

7º. En representación do profesorado, por proposta dos movementos de renovación pedagóxica de Galicia legalmente recoñecidos e en atención á súa representatividade:

Carme María Romero Rodríguez (Coordenadora Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

José Luís Fernández Díaz (Federación Galega de Movementos de Renovación Pedagóxica).

8º. En representación da Administración Educativa, por designación da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional:

María Carmen Cimadevila Cea

José Manuel Pinal Rodríguez

Manuel Corredoira López

9º. En representación da Administración local, por proposta da Federación Galega de Municipios e Provincias:

María do Carme Fouces Díaz

Gabriel Alén Castro

Noa Díaz Varela

José Luis Oujo Pouso

Julio Álvarez Núñez

Gorka Gómez Díaz

Diego Fernández Fernández

10º. En representación da universidade, por proposta do seu máximo órgano de goberno:

Carme Sarceda Gorgoso

11º. En representación de personalidades de recoñecido prestixio no campo da educación, por proposta da conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional:

Daniel Barata Quintas

12º. En representación da Secretaría Xeral para a Igualdade:

Aurora Patiño Doval

Disposición derradeira

O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de marzo de dous mil vinte

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional