Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 83 Xoves, 30 de abril de 2020 Páx. 18932

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (SSS 363/2018).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento sobre seguridade social 363/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Alfonso Vázquez Pérez contra a empresa Mantenimiento de Infraestructuras, S.A. Matinsa, Xacia Invercon, S.L. e Celta Prix, S.L. UTE Salnés, a Dirección Xeral de Ordenación da Seguridade Social, a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, o Instituto Nacional da Seguridade Social e o Ministerio de Traballo, Migracións e Seguridade Social, sobre ordinario, ditouse sentenza o 18.3.2020, recorrible en suplicación no prazo de cinco días, a cal se encontra á súa disposición na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Xacia Invercon, S.L. e Celta Prix, S.L. UTE Salnés, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 21 de abril de 2020

A letrada da Administración de xustiza