Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 82 Mércores, 29 de abril de 2020 Páx. 18911

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coirós

ANUNCIO de información pública da modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal de Coirós, consistente na modificación das aliñacións nas estradas provinciais nos núcleos rurais e noutras alteracións no sistema viario.

O Pleno da corporación municipal, en sesión ordinaria que tivo lugar o 12 de marzo de 2020, acordou aprobar inicialmente a modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal de Coirós consistente na modificación das aliñacións nas estradas provinciais nos núcleos rurais e outras alteracións no sistema viario, segundo a documentación redactada polos arquitectos Alfredo Garrote Pazos e Mónica Mesejo Conde, colexiados 1440 e 1475 do COAG, respectivamente.

O que se somete a información pública polo prazo de dous meses, en cumprimento dos artigos 83.5 e 60 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 200.5 e 144 do Regulamento da Lei do solo de Galicia.

O documento técnico e os trámites contidos no expediente poderán consultarse na oficina técnica municipal das 10.00 ás 14.00 horas e na web do concello.

Coirós, 24 de marzo de 2020

Francisco Quintela Requeijo
Alcalde