Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 80 Luns, 27 de abril de 2020 Páx. 18747

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 6 de marzo de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Vigo, pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a de unidade do Servizo de Transfusións e Aférese dos hospitais Álvaro Cunqueiro e do Meixoeiro.

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo, de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, e a Orde da Consellería de Sanidade, do 24 de maio de 2006, pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, convocouse por Resolución CM 11/2019, do 20 de febreiro (DOG núm. 58, do 25 de marzo), a provisión, polo sistema de concurso de méritos, do posto de supervisor/a de unidade do Servizo de Transfusións e Aférese dos hospitais Álvaro Cunqueiro e do Meixoeiro.

Con base no Decreto 137/2019, de 10 de outubro, polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde, na Orde do 5 de xullo de 2012 sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, e no Decreto 134/2019 de 10 de outubro, polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, esta xerencia

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria pública para a provisión do posto de supervisor/a de unidade do Servizo de Transfusións e Aférese dos hospitais Álvaro Cunqueiro e do Meixoeiro, convocada pola Resolución do 20 de febreiro de 2019.

Segundo. Declarar deserto o posto convocado de conformidade co disposto na base quinta da convocatoria.

Terceiro. Contra esta resolución poderá interpoñer recurso de alzada, perante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da súa publicación, nos termos previstos nos artigos 121 e seguintes da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Vigo, 6 de marzo de 2020

Julio García Comesaña
Xerente da Área Sanitaria de Vigo