Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 79 Venres, 24 de abril de 2020 Páx. 18709

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ACORDO do 1 de abril de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica no concello de Arteixo (expediente-e IN407A 2019/224-1).

Expediente-e: IN407A 2019/224-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: anexo 1 da LMT enlace subestación Morás-CR Baiuca.

Concello: Arteixo.

Características técnicas:

– Liña eléctrica de media tensión aérea a 15 kV cunha lonxitude de 508 m coa orixe no apoio núm. 1 proxectado tipo C-16/7000, condutor tipo LA-110 mm2 Al e remate no apoio núm. 5 proxectado tipo C-18/7000.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación núm. 1) a 15 kV, cunha lonxitude de 380 m coa orixe en celas de liña existentes na subestación de Morás (expediente IN407A2012/47-1), condutores tipo RHZ1-2OL (S)-12/20 kV 1×240 mm2 Al e tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al, así coma remate nos pasos de soterrado a aéreo a realizar no apoio núm. 1 proxectado tipo C-16/7000.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada (actuación núm. 2) a 15 kV, cunha lonxitude de 1.715 m coa orixe nos pasos de aéreo a soterrado que se vai realizar no apoio núm. 5 proxectado, tipo C-18/7000, condutor tipo RHZ1-2OL-12/20 kV 1×240 mm2 Al e remate en celas de liña proxectadas no CR Baiuca (expediente IN407A2016/2551-1).

– Reforma do CR Baiuca, coa instalación dun bloque de celas 7L telecontroladas que substitúen ao bloque de celas 5L existente.

Lexislación de aplicación:

1. Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

2. Lei 40/2015, do 1 de outubro, do réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

3. Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

4. Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

5. Resolución do 19 de febreiro de 2014 pola que se aproba o procedemento de autorización administrativa de construción, de acordo co previsto na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (DOG núm. 54, do 19 de marzo de 2014).

6. Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

7. Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

A relación concreta e individualizada dos bens e dereitos afectados que se considera de necesaria expropiación figura no anexo que se xunta con este acordo.

A declaración de utilidade pública, segundo o artigo 56 da Lei 24/2013, do sector eléctrico, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar alegacións no Servizo de Enerxía e Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, sita na rúa Vicente Ferrer, núm. 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da derradeira publicación deste acordo.

Así mesmo, para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, cando as persoas propietarias ou titulares de dereitos sobre predios afectados sexan descoñecidos, se ignore o lugar de notificación ou ben, intentada esta, non se puidese practicar, a notificación farase por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

A Coruña, 1 de abril de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Expediente-e: IN407A 2019/224-1.

Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Denominación: anexo 1 da LMT enlace subestación Morás-CR Baiuca.

Concello: Arteixo.

Relación de propietarias/os, bens e dereitos afectados

Número de predio: 1.

Lugar: Regos.

Cultivo: eucalipto.

Propietario: Instituto Galego da Vivenda e Solo.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 1 e 2.

• m2: 12,0.

Afección de solo por servidume de pasaxe de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 108,0.

• m2 aéreos: 1.624,0.

Número de predio: 3.

Lugar: Cornedo.

Cultivo: eucalipto.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo por servidume de pasaxe de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 14,0.

• m2 aéreos: 209,0.

Número de predio: 4.

Lugar: Cornedo.

Cultivo: eucalipto.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo por servidume de pasaxe de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 82,0.

• m2 aéreos: 1.267,0.

Número de predio: 5.

Lugar: Cova do Ouro.

Cultivo: eucalipto.

Propietaria: Agustina Castro Varela e fillas/os.

Afección de solo por servidume de pasaxe de enerxía eléctrica:

• m2 aéreos: 35,0.

Número de predio: 6.

Lugar: Cambases.

Cultivo: eucalipto.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo por servidume de pasaxe de enerxía eléctrica:

• m2 aéreos: 11,0.

Número de predio: 7.

Lugar: Cova do Ouro.

Cultivo: eucalipto.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 3.

• m2: 2,0.

Afección de solo por servidume de pasaxe de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 101,0.

• m2 aéreos: 1.605,0.

Número de predio: 8.

Lugar: Cova do Ouro.

Cultivo: eucalipto.

Propietaria: Felisa Mazás Castelo.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 4.

• m2: 2,0.

Afección de solo por servidume de pasaxe de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 151,0.

• m2 aéreos: 2.416,0.

Número de predio: 10.

Lugar: Cova do Ouro.

Cultivo: eucalipto.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo por servidume de pasaxe de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 21,0.

• m2 aéreos: 336,0.

Número de predio: 12.

Lugar: Viña.

Cultivo: eucalipto.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo en pleno dominio:

• Apoio núm.: 5.

• m2: 10,0.

Afección de solo por servidume de pasaxe de enerxía eléctrica:

• Metros lineais aéreos: 19,0.

• Metros lineais soterrados: 8,0.

• m2 aéreos: 139,0.

• m2 soterrados: 24,0.

Número de predio: 13.

Lugar: Viña.

Cultivo: eucalipto.

Propietaria/o: descoñecida/o.

Afección de solo por servidume de pasaxe de enerxía eléctrica:

• m2 aéreos: 106,0.