Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 21 de abril de 2020 Páx. 18597

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

RESOLUCIÓN do 8 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, sobre disolucións e cancelacións de sociedades agrarias de transformación (SAT).

En cumprimento das funcións que están atribuídas a esta Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, acórdase publicar a relación das sociedades agrarias de transformación disoltas e canceladas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto.

Terneros Lugo, SAT nº 624 XUGA, disolta e cancelada por acordos adoptados na asemblea xeral do 1 de decembro de 2019.

Tambre, SAT nº 753 XUGA, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 31 de decembro de 2019.

Cubano, SAT nº 1039 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Ganadería Antonio de Cubano, S.L., por acordo adoptado na asemblea xeral do 21 de novembro de 2019, celebrada ante notario.

Cabo da Vila, SAT nº 1052 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Ganadería Campo da Vila, S.L., por acordo adoptado na asemblea xeral do 12 de novembro de 2019, celebrada ante notario.

Finca Mariño, SAT nº 1108 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Finca Mariño, S.L., por acordo adoptado na asemblea xeral do 20 de maio de 2019, celebrada ante notario.

Alecrín, SAT nº 1187 XUGA, cancelada por transformación da entidade en Finca O Cruceiro, S.L.

Floro, SAT nº 1315 XUGA, cancelada por acordo adoptado na asemblea xeral do 22 de febreiro de 2020.

Quercus, SAT nº 1399 XUGA, disolta por acordo adoptado na asemblea xeral do 20 de decembro de 2019.

Santiago de Compostela, 8 de abril de 2020

Silvestre José Balseiros Guinarte
Director xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias