Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 76 Martes, 21 de abril de 2020 Páx. 18603

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 2020 pola que se publica o concurso público, mediante procedemento aberto e sistema multicriterio, para a selección de oferta de proxecto concesional e posterior tramitación como concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario con destino a explotación de instalacións de bar-cafetaría da lonxa do porto de Portonovo.

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: entidade pública empresarial Portos de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral.

c) Número de expediente: 13-10-20-C-1.

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do proxecto: o obxecto do procedemento aberto é a selección de oferta de proxecto concesional e posterior tramitación como concesión administrativa de ocupación do dominio público portuario con destino a explotación de instalacións de bar-cafetaría da lonxa do porto de Portonovo.

b) Lugar da autorización: porto do Portonovo, concello de Sanxenxo (Pontevedra).

c) Prazo da autorización: dez (10) anos prorrogables. No suposto de que o licitador propoña obras de mellora valoradas en mais de 50.000 € este prazo sería de quince (15) anos, se o investimento supera os 100.000 € este prazo sería de vinte (20) anos, se supera os 250.000 € o prazo sería de vinte e cinco (25) anos, e se supera os 500.000 € o prazo sería de trinta (30) anos, as contías inclúen o IVE.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: oferta máis vantaxosa tendo en conta os criterios que figuran na cláusula 9.3. Criterios de valoración das ofertas do prego de bases do concurso, do capítulo II.

4. Taxa de explotación: a especificada no prego de bases e no prego de bases do procedemento, número 5.1.

5. Obtención de documentación e información:

a) Entidade: entidade pública empresarial Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Teléfono: 881 95 00 95.

e) Fax: 981 54 53 24.

f) Data límite de obtención de documentos e información: coincide coa data límite de presentación de ofertas.

g) Perfil do contratante: os pregos administrativos desta convocatoria poderanse obter no seguinte enderezo da internet: http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=701857

6. Requisitos específicos do solicitante: os especificados no prego de bases.

7. Presentación de ofertas e das solicitudes de participación:

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación de proposicións será de trinta (30) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, e rematará ás catorce horas do último día. En caso de que o mencionado día coincida en sábado ou festivo, o prazo de admisión das proposicións rematará ás catorce (14.00) horas do día hábil seguinte.

Non obstante, considerando o establecido na disposición adicional terceira do Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, que declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19, os termos e prazos establecidos no presente anuncio quedan suspendidos. Estes prazos e, se é o caso, os termos que sexan de aplicación restableceranse o mesmo día en que perda vixencia o citado real decreto ou, se é o caso, as prórrogas deste.

b) Documentación que hai que presentar: as proposicións presentaranse en dous (2) sobres pechados, segundo se especifica no punto 8.3 do capítulo II do prego de bases do procedemento.

c) Lugar de presentación:

– Entidade: entidade pública empresarial Portos de Galicia.

– Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas (Área Central).

– Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

O procedemento non está dado de alta en Silex polo que a presentación será no Rexistro presencial de Portos de Galicia.

d) Prazo durante o que o licitador está obrigado a manter a súa oferta: dous (2) meses desde a apertura das proposicións.

8. Apertura das ofertas:

a) Entidade: entidade pública empresarial Portos de Galicia.

b) Domicilio: praza de Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas (Área Central).

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15707.

d) Data: a apertura pública das ofertas (sobre 2) levarase a cabo nun prazo non superior a sete días contados desde a apertura da documentación administrativa do sobre 1.

e) Hora: 12.00 horas.

9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación do sobre 1 e publicará no perfil do contratante o resultado da apertura, para que, logo de comunicación aos interesados, se emenden, se for o caso, e dentro do prazo que se indique, os defectos materiais observados na dita documentación.

10. Gastos dos anuncios: os gastos de publicidade que, se é o caso, se xeren correrán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia