Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 74 Venres, 17 de abril de 2020 Páx. 18487

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 25 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se concede a autorización administrativa previa, de construción e declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación de distribución eléctrica nos concellos de Fene e Cabanas (expediente IN407A 2017/096-1).

Número de expediente: IN407A 2017/096-1.

Promotora: UFD Distribución Electricidad, S.A.

Instalación: recuamento LMT EUM-701 Magalofes-Santa Cruz

Concellos: Fene e Cabanas.

Feitos.

1. O 13 de xuño de 2017, o promotor solicitou a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. Características técnicas:

– Tramo liña eléctrica de media tensión aérea EUM-701(entre apoios número 122-5 e número 122-9), a 15 kV, cunha lonxitude de 1,672 km, con orixe no apoio número 122-5 proxectado que se intercalará na LMT EUM-701, que se vai situar ao lado da caseta do CT Magalofes (expediente 3.583), condutor tipo LA-56 mm2, e final no apoio número122-29 existente da LMT EUM-701, no tramo entre a derivada ao CT Santa Cruz (expediente 27.895) e o CT Salto (expediente 52.642).

– Tramo liña eléctrica de media tensión aérea EUM-701(entre os apoios número 122-20 e CT Fontenova proxectado), a 15 kV, cunha lonxitude de 0,034 km, con orixe no apoio número 122-20 que substitúe o existente da LMT EUM-701, onde está situado actualmente o CT Fontenova (expediente 22.322), que se vai retirar, condutor tipo LA-56 mm2 , e final no novo CT intemperie Fontenova proxectado.

– Liña eléctrica de media tensión soterrada, a 15 kV, cunha lonxitude de 0,010 km, con orixe no CT Magalofes (expediente 3.583), condutor RHZ1-2OL-12/20 kV 1×95 mm2 AI, e final en conexión coa liña aérea proxectada que se realizará no apoio número 122-5 proxectado e que se intercalará na LMT EUM-701, que se vai situar ao lado da caseta do CT Magalofes.

– Novo centro de transformación intemperie Fontenova, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400 V.

– Desmontaxe do antigo CT Fontenova e de 24 metros de condutor RZ.

3. O proxecto someteuse ao trámite de información pública mediante resolución publicada nos seguintes medios:

– Resolución información pública: 7.6.2017.

– DOG: 17 de agosto de 2017.

– BOP: 1 de agosto de 2017.

– Xornal La Voz de Galicia: 4.9.2017.

– Taboleiro de anuncios do Concello de Fene: segundo certificado municipal comunicado o 27.11.2017.

4. Durante o período en que se someteu ao trámite de información pública non se presentaron alegacións.

5. Solicitouse o preceptivo informe ás distintas administracións, organismos ou, de ser o caso, empresas de servizo público ou de servizos de interese xeral afectados. O promotor manifestou a súa conformidade cos condicionados establecidos.

6. Os servizos técnicos da xefatura territorial emitiron informe favorable sobre a dita solicitude.

Consideracións legais e técnicas.

Lexislación de aplicación:

– Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público (BOE núm. 236, do 2 de outubro).

– Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica (BOE núm. 310, do 27 de decembro).

– Real decreto 223/2008, do 15 de febreiro, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalación eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-LAT 01 a 09 (BOE núm. 68, do 19 de marzo).

– Real decreto 337/2014, do 9 de maio, polo que se aproban o Regulamento sobre condicións técnicas e garantías de seguridade en instalacións eléctricas de alta tensión e as súas instrucións técnicas complementarias ITC-RAT 01 a 23 (BOE núm. 139, do 9 de xuño).

– Real decreto 842/2002, do 2 de agosto, polo que se aproba o Regulamento electrotécnico para baixa tensión (BOE núm. 224, do 18 de setembro).

– Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servizos da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de industria, enerxía e minas (BOE núm. 246, do 14 de outubro).

– Decreto 9/2017, do 12 de xaneiro, polo que se establecen os órganos competentes para a resolución dos procedementos de autorización de instalacións eléctricas que sexan competencia da Comunidade Autónoma de Galicia (DOG núm. 22, do 1 de febreiro).

– Decreto 146/2016, do 13 de novembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia (DOG núm. 217, do 14 de novembro).

– Decreto 135/2017, do 28 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Economía, Emprego e Industria (DOG núm. 18, do 25 de xaneiro de 2018).

– Lei do 16 de decembro de 1954, sobre expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

– Decreto do 26 de abril de 1957 polo que se aproba o Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 20 de xuño).

2. Na visita de campo realizada para examinar o lugar da instalación non se apreciou, nos predios sometidos a expropiación, ningunha das limitacións á constitución da servidume indicadas no artigo 58.a) da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico.

3. No expediente consta un informe favorable dos servizos técnicos desta xefatura territorial.

De acordo con todo o indicado,

resolvo:

1. Conceder a autorización administrativa previa, a autorización administrativa de construción e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación de distribución eléctrica indicada.

2. A instalación executarase no prazo dun ano, contado a partir da data de ocupación dos terreos.

A declaración de utilidade pública leva implícita a necesidade de ocupación dos bens e de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupación, para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa.

3. Para a posta en funcionamento da instalación autorizada, deberá presentar ante esta xefatura territorial unha solicitude coa cal deberá achegar a seguinte documentación:

– As declaracións de conformidade relativas ao material ou equipamento e as certificacións ou homologacións, se procede.

– Un certificado do director da montaxe en que se garantirá o cumprimento das especificacións do proxecto e prescricións complementarias, se as houber, así como das regulamentacións e normas oportunas para a montaxe da instalación e posta a punto.

4. Esta autorización outórgase sen prexuízo doutras que sexan de aplicación segundo a lexislación vixente, en especial as relativas á ordenación do territorio e ao ambiente.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, poderá interporse recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria, no prazo dun mes a contar a partir do día seguinte ao da notificación ou publicación, nos termos establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubre), sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

A Coruña, 25 de marzo de 2020

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña