Mediante a Resolución da Alcaldía número 2020-0463, do 23 de marzo de 2020, unha vez concluído o procedemento selectivo, efectuouse o nomeamento de:
Identidade |
DNI |
Cristina Diz Pereira |
...86...86 |
Característica da praza:
Funcionarios de carreira.
– Grupo, segundo o artigo 76 do Real decreto lexislativo 5/2015: C. Subgrupo C1. Clasificación: escala de Administración xeral, subescala administrativa. Número de vacantes: 1. Denominación: administrativo. Acceso: provisión por promoción interna e concurso-oposición.
O que se fai público para os efectos do artigo 60 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e 25.2 do Regulamento xeral de ingreso do persoal ao servizo da Administración xeral do Estado e de provisión de postos de traballo e promoción profesional dos funcionarios civís da Administración xeral do Estado, aprobado polo Real decreto 364/1995, do 10 de marzo.
Caldas de Reis, 24 de marzo de 2020
Juan Manuel Rey Rey
Alcalde