De conformidade co artigo 47 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público o informe de impacto ambiental do 16 de marzo de 2020 do proxecto de mellora na rede de saneamento no núcleo da Longa, no concello de Cerdedo-Cotobade (Pontevedra) promovido por Concello de Cerdedo-Cotobade.
Este informe poderase consultar na seguinte ligazón:
https://cmatv.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 16 de marzo de 2020
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático