Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 71 Martes, 14 de abril de 2020 Páx. 18195

III. Outras disposicións

Portos de Galicia

RESOLUCIÓN do 1 de abril de 2020 pola que se fan públicos os convenios de colaboración asinados no segundo e terceiro cuadrimestres do ano 2019.

Para os efectos previstos na Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, acórdase darlles publicidade aos convenios de colaboración asinados no segundo e terceiro cuadrimestre do ano 2019 e que se relacionan no anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 1 de abril de 2020

Susana Lenguas Gil
Presidenta de Portos de Galicia

ANEXO

Asinantes

Obxecto

Data de sinatura

Achega de

Portos de Galicia

Portos de Galicia e o Concello de Noia

Execución das actuacións de pavimentación do carril de acceso ao aparcadoiro (Ecoparking paseo marítimo) e para o mantemento e conservación global do paseo marítimo no DPP de Noia

8.5.2019

48.103,55 €

Portos de Galicia e o Concello de Noia

Protocolo para a definición de actuacións para a pavimentación da explanada do porto de Noia dunha extensión de aproximadamente sete mil cincocentos metros cadrados da zona de Labarta

20.5.2019

Non ten

Portos de Galicia e a Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial

Celebración do XIV Encontro de embarcacións tradicionais de Galicia no porto da Guarda

23.5.2019

Non ten

Portos de Galicia e a Fundación da Universidade da Coruña

Actividades de cooperación

16.9.2019

2.290,4 €

Portos de Galicia e o Concello de Moaña

Execución do proxecto de finalización do paseo marítimo de Domaio en DPP de Domaio en Moaña

18.9.2019

Non ten

Portos de Galicia e a Fundación da Universidade da Coruña

Addenda ao convenio para actividades de cooperación (Convenio asinado o 16.9.2019)

11.12.2019

1.603,28 €

Portos de Galicia e a Fundación Empresa-Universidade da Coruña (Feuga)

Actividades de cooperación

12.12.2019

142.849,92 €