Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 13 de abril de 2020 Páx. 18154

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 48/2020).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 48/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ana Isabel González Graña contra a empresa Limpiezas Lanzat, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución cuxa parte dispositiva se achega:

«Parte dispositiva:

Dispoño despachar a orde xeral de execución a favor da parte executante, Ana Isabel González Graña, fronte a Limpiezas Lanzat, S.L., parte executada, por importe de 8.001,44 euros en concepto de principal (6.543,86 + 10 % de xuros por mora: 1.457,58 euros), máis outros 800,14 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan xerar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

O presente auto, xunto co decreto que ditará a letrada da Administración de xustiza, e a copia da demanda executiva serán notificados simultaneamente á parte executada, tal e como dispón o artigo 553 da LAC, así queda a executada apercibida para os efectos mencionados nos razoamentos xurídicos terceiro e cuarto desta resolución e conforme dispoñen os artigos 251.2 e 239.3 da LXS.

Contra este auto poderase interpor recurso de reposición, ante este órgano xudicial, no prazo dos tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, no cal ademais de alegar as posibles infraccións en que houber de incorrer a resolución e o cumprimento ou incumprimento dos presupostos e requisitos procesuais exixidos, poderase deducir a oposición á execución despachada, aducindo o pagamento ou cumprimento documentalmente xustificado, a prescrición da acción executiva ou outros feitos impeditivos, extintivos ou excluíntes da responsabilidade que se pretenda executar, sempre que tiveren acaecido con posterioridade á súa constitución do título; a compensación en débedas non será admisible como causa de oposición á execución.

Se a recorrente non tiver a condición de traballadora ou beneficiaria do réxime público da Seguridade Social, deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións do Xulgado do Social número 2, aberta en Banesto, conta nº 1596, clave 64 N, e debe indicar no campo do concepto “recurso”, seguido do código “30 social-reposición”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria, deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo, o “código 30 social-reposición”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución contra a que recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes destes.

Así o acorda e asina S.Sª. Dou fe.

A maxistrada

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Limpiezas Lanzat, S.L., en paradoiro ignorado, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 13 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza