Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 13 de abril de 2020 Páx. 18171

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de marzo de 2020 polo que se somete ao trámite de información pública o proxecto de construción para alargamento e mellora da LU-114 na contorna do punto quilométrico 1+100, de clave LU/19/160.10, así como a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados polo proxecto de referencia.

Antecedentes:

Pola Resolución do director da Axencia Galega de Infraestruturas do 20 de marzo de 2020 emitiuse unha resolución de aprobación provisional do proxecto de construción para alargamento e mellora da LU-114 na contorna do p.q. 1+100, de clave LU/19/160.10.

O obxecto do proxecto é levar a cabo as obras de alargamento e mellora da estrada LU-114 na contorna do p.q. 1+100. Neste punto existe a necesidade de homoxeneizar a largura da vía corrixindo un estreitamento. Para solucionar isto, expropiarase parte deste predio e das instalacións existentes nel, actualmente en desuso, para levar a cabo a ampliación da plataforma e albergar un carril de circulación, unha beirarrúa de 1,75 metros de largo na marxe dereita que dea continuidade ao itinerario peonil e unha banda de aparcamento de 2,5 metros de largo.

RESOLVO:

Primeiro. De acordo co establecido no artigo 21.1 da Lei 8/2013, do 28 de xuño, de estradas de Galicia, e no artigo 50 do Decreto 66/2016, do 26 de maio, polo que se aproba o Regulamento xeral de estradas de Galicia, o mencionado proxecto de construción sométese ao trámite de información pública para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito, ante a Axencia Galega de Infraestruturas, as observacións que crean convenientes relativas á concepción global do trazado deseñado.

Segundo. Que, simultaneamente ao trámite sinalado no parágrafo anterior, e para os efectos previstos no artigo 56.1 do Decreto do 26 de abril de 1957, polo que se aproba o Regulamento de expropiación forzosa, sométese a información pública a relación individual de bens, dereitos e propietarios afectados pola realización da obra correspondente, para que os afectados presenten cantas alegacións ou rectificacións consideren convenientes en canto aos bens e dereitos descritos na relación anexa.

Terceiro. A exposición ao público, para os efectos da presente resolución, realízase durante un período de trinta (30) días hábiles, na Axencia Galega de Infraestruturas (San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela), no Servizo de Infraestruturas de Lugo (rolda da Muralla, 70, 27071 Lugo), e na Casa do Concello de Lugo (Praza Maior, 1, 27001 Lugo). Así mesmo, na páxina web da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade
(https://infraestruturasemobilidade.xunta.gal/organizacion/c/CIV_Axencia_Galega_de_
Infraestruturas) atópase á disposición dos interesados o documento completo do proxecto de construción.

O cómputo do prazo iniciarase no momento en que perda vixencia o Real decreto 463/2020, do 14 de marzo, polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 (BOE núm. 67, do 14 de marzo de 2020) ou, de ser o caso, as súas prórrogas.

Para o suposto de ser un suxeito obrigado a relacionarse a través de medios electrónicos coas administracións públicas ou de optar por este medio, as comunicacións deberán realizarse presentando o formulario do procedemento Presentación electrónica de solicitudes, escritos e comunicacións que non dispoñan dun sistema electrónico específico nin dun modelo electrónico normalizado, con código de procedemento PR004A, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal/detalle-procedemento?codtram=PR004A). Neste caso, deberá escollerse como destinatario do formulario a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade e, dentro desta, a Axencia Galega de Infraestruturas.

Na medida en que os documentos de propostas, observacións e/ou suxestións presentadas conteñan datos de carácter persoal, a súa entrega implicará, de conformidade coa lexislación de protección de datos, o consentimento da súa publicación no marco deste proceso participativo. O tratamento dos datos persoais aterase ao disposto na Lei orgánica 3/2018, do 5 de decembro, de protección de datos persoais e garantía dos dereitos dixitais, e quen participe neste proceso poderá exercer o dereito de acceso, rectificación, cancelación e oposición cubrindo a debida solicitude dirixida á Axencia Galega de Infraestruturas.

Calquera dúbida sobre o proceso pode dirixirse ao correo electrónico:

infraestruturas.cim@xunta.gal.

Santiago de Compostela, 30 de marzo de 2020

Francisco Menéndez Iglesias
Director da Axencia Galega de Infraestruturas

ANEXO

Relación de bens, dereitos e propietarios afectados

Proxecto de construción para alargamento e mellora da LU-114 na contorna do p.q. 1+100, de clave LU/19/160.10.

Concello de Lugo (lugar: Gándara)

Nº de orde

Polígono

Parcela

Referencia catastral

Propietario

NIF/CIF

Situación básica do solo

Uso

Superficie afectada (m2)

Superficie total (m2)

Bens afectados

1

002302900PH16F

Mármoles

López, C.B.

E27042084

Rural

Industrial

53,00

137

1 pozo de barrena.

Edificación grande 45,8 m2

2

90

254

27900A09000254

Veiga González, Enrique

-----

Rural

Agrario

27,00

116

Edificación pequena 7,5 m2