Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 8 de abril de 2020 Páx. 18101

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 11 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se somete a información pública o proxecto de repoboación forestal do monte veciñal en man común Serra do Leboreiro e Cabreira (código 11320085_2020) e o seu estudo de impacto ambiental ordinario, no concello de Lobeira.

De conformidade co artigo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, sométese ao trámite de información pública o proxecto de repoboación forestal 11320085_2020 (antigo PR-336922), así como o estudo de impacto ambiental ordinario, do monte veciñal en man común Serra do Leboreiro e Cabreira, concello de Lobeira.

Durante o prazo de trinta (30) días hábiles, a contar desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, a documentación está dispoñible ao público, para a súa consulta, nas oficinas do Servizo de Montes de Ourense (r/ Villaamil e Castro, s/n, 1º andar) das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, e no seguinte enlace:

https://mediorural.xunta.gal/gl/temas/desenvolvemento-rural/avaliacion-de-impacto-ambiental/informacion-publica-de-eia.

A efectos deste expediente o órgano substantivo é o Servizo de Montes de Ourense.

Durante o prazo sinalado as alegacións, suxestións ou observacións serán dirixidas ao Servizo de Montes de Ourense a través de calquera rexistro previsto no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ourense, 11 de marzo de 2020

Yago Borrajo Sánchez
Xefe territorial de Ourense