Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 69 Mércores, 8 de abril de 2020 Páx. 18073

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 23 de marzo de 2020, da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol, polo que se publica a resolución da mesma data pola que se convoca a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de servizo de atención primaria (Caranza).

De conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG nº 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde do 24 de maio de 2006 (DOG nº 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, en virtude das competencias atribuídas polo Decreto 137/2019, do 10 de outubro (DOG nº 208, do 31 de outubro), polo que se establece a estrutura orgánica do Sergas, Decreto 134/2019, do 10 de outubro (DOG nº 204, 25 do outubro), polo que se regulan as áreas sanitarias e os distritos sanitarios do Sistema público de saúde de Galicia, e Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG nº 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria, para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de coordinador/a de servizo de atención primaria (Caranza) da Xerencia da Área Sanitaria de Ferrol.

As bases da citada convocatoria estarán expostas no taboleiro de anuncios de Recursos Humanos, sito na planta baixa do Hospital Arquitecto Marcide e, asemade, na páxina web do Sergas (www.sergas.es).

As solicitudes e a documentación anexa que conteña a xustificación dos requisitos e méritos alegados deberán presentarse no rexistro da Área Sanitaria de Ferrol, dirixidas ao xerente de Área Sanitaria, no prazo de quince (15) días hábiles, contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio da presente convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Así mesmo, poderán presentarse a través de calquera dos rexistros previstos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ferrol, 23 de marzo de 2020

Ángel Facio Villanueva
Xerente da Área Sanitaria de Ferrol