Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 67 Luns, 6 de abril de 2020 Páx. 17932

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 6 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se emprazan varios propietarios da zona de concentración parcelaria de Cores-Nemeño (Ponteceso), para seren notificados por comparecencia de resolucións que os afectan.

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), aos propietarios da zona de concentración parcelaria de Cores-Nemeño (Ponteceso-A Coruña) que se citan no anexo, para ser notificados de resolucións polas que se modifica o acordo de concentración parcelaria da devandita zona e que lles afectan.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia (DOG), ben que, a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán coñecer o contido íntegro da resolución mediante comparecencia nas dependencias desta xefatura territorial, sita na rúa Vicente Ferrer, nº 2, no Edificio Administrativo de Servizos Múltiples de Monelos, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A comparecencia deberase efectuar no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

Contra as referidas resolucións, que non son definitivas na vía administrativa, poderase interpor recurso de alzada perante a persoa titular da Consellería do Medio Rural no prazo dun mes, con independencia de que os interesados poidan exercer calquera outro que consideren oportuno.

A Coruña, 6 de marzo de 2020

Monica López López
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Interesados

Acto que se notifica

Zona de concentración parcelaria

32428934S

Resolución

Cores-Nemeño (Ponteceso-A Coruña)

52430172Q

Resolución

Cores-Nemeño (Ponteceso-A Coruña)

79312821N

Resolución

Cores-Nemeño (Ponteceso-A Coruña)

76416054A

Resolución

Cores-Nemeño (Ponteceso-A Coruña)

Matilde Baneira Santos

Resolución

Cores-Nemeño (Ponteceso-A Coruña)