Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 65 Xoves, 2 de abril de 2020 Páx. 17779

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de marzo de 2020, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves (expediente IN407A 2019/170-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción da instalación eléctrica que a continuación se describe:

– Solicitante: UFD Distribución Electricidad, S.A.

– Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

– Denominación: modificado LMTA, LMTS SAL803-804 e CD Áridos J.G.L.

– Situación: Salvaterra de Miño e As Neves.

– Caracterísiticas técnicas: LMT aérea a 20 kV en dous tramos:

• Actuación 1: con condutor tipo LA-110 de 717 metros de lonxitude, con orixe no apoio metálico proxectado no nodo nº 14 (C-9000-18) e final no apoio metálico proxectado no nodo nº 20 (C-9000-18).

• Actuación 2: retensado van con condutor tipo LA-110, con final no apoio metálico proxectado no nodo nº 21 C-4500-16.

LMT subterránea a 20 kV en catro tramos:

• Actuación 1: con condutor tipo RHZ de 67 metros de lonxitude, con orixe na posición de liña na subestación Salvaterra e final no punto de acceso existente.

•Actuación 2: con condutor tipo RHZ de 128 metros de lonxitude, con orixe no punto de acceso existente e final na cela de liña no CS proxectado Áridos J.G.L.

•Actuación 3: con condutor tipo RHZ de 1396 metros de lonxitude, con orixe na cela de liña no CS proxectado Áridos J.G.L. e final no PAS no apoio metálico proxectado no nodo nº 14 (C-9000-18).

• Actuación 4: con condutor tipo RHZ de 501 metros de lonxitude, con orixe no apoio metálico proxectado no nodo nº 20 (C-9000-18) e final no PAS no apoio metálico proxectado nº 21 (C-4500-16).

Centro de seccionamento, situado na plataforma logística Plisan. As instalacións están situadas nos concellos de Salvaterra de Miño e As Neves (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, e na Resolución da Consellería de Economía e Industria, do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG núm. 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG núm. 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa previa e autorización administrativa de construción para a dita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución, ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e ás condicións establecidas nos condicionados dos organismos que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. Tamén poderá interpor calquera outro recurso que xulgue pertinente en dereito.

Pontevedra, 11 de marzo de 2020

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra