Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 1 de abril de 2020 Páx. 17733

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 27 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso que se tramita na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (dereitos fundamentais 124/20).

Na Sala do Contencioso-Administrativo, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, tramítase o procedemento DF 124/20 (dereitos fundamentais), de Zenaida García Castro, contra a Resolución do 11 de febreiro de 2020, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se fai público o acordo do tribunal que xulga o proceso selectivo para o ingreso na categoría de enfermeiro/a, convocado mediante a Resolución do 1 de marzo de 2018, relativo á baremación definitiva da fase de concurso e á publicación dos/das aspirantes seleccionados/as (DOG núm. 92, do 15 de maio).

Impúgnase a baremación definitiva da fase de concurso no exclusivo particular da puntuación outorgada á recorrente (experiencia profesional).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado tribunal, no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 27 de marzo de 2020

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos