Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Mércores, 1 de abril de 2020 Páx. 17728

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

ANUNCIO do 6 de marzo de 2020, da Dirección Xeral da Función Pública, polo que se notifica o trámite de audiencia referente a un expediente de compatibilidade, ante a imposibilidade de notificación no domicilio.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación persoal do trámite de audiencia referente a un expediente de compatibilidade a través do servizo de Correos, esta non se puido practicar, procedendo a súa notificación por medio dun anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Polo tanto, notifícaselle á persoa interesada que se sinala no anexo deste anuncio, o trámite de audiencia referente a súa solicitude de compatibilidade.

A persoa interesada pode recoller o trámite de audiencia mediante comparecencia nas dependencias da Oficina de Incompatibilidades e Boas Prácticas da Dirección Xeral da Función Pública (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 1-3º, Santiago de Compostela), das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, no prazo de dez (10) días hábiles contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Transcorrido o referido prazo terase por efectuado o trámite de acordo co artigo 82 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, e procederase a ditar a resolución que corresponda.

Santiago de Compostela, 6 de marzo de 2020

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

ANEXO

Expediente de compatibilidade.

DNI: 76114771C.

Acto de notificación: trámite de audiencia.