Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 31 de marzo de 2020 Páx. 17640

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 21/2020).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 21/2020 deste xulgado do social, seguido por instancia de María da Concepción Baluja Sende contra Enade Gestión, S.L., Fogasa, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de Xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, dez de marzo de dous mil vinte.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar á executada Enade Gestión, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 4.844,69 euros en concepto de principal (4.367,59 euros en concepto de salarios e vacacións devindicadas e non desfrutadas, 464,64 euros en concepto de xuros do artigo 29.3 do ET sobre os conceptos salariais que comportan 4.009,28 euros, 12,46 euros en concepto de xuros do artigo 1108 do Código civil sobre o importe correspondente de vacacións que comporta 358,31 euros), máis outros 484,46 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se for o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo da anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se no sucesivo se coñecen novos bens da executada.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación da mesma con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 LXS.

A letrada da Administración de xustiza».

E para que sirva de notificación en legal forma a Enade Gestión, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 10 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza