Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Martes, 31 de marzo de 2020 Páx. 17636

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (PO 247/2019).

Eu, Blanca Susana Janeiro Amela, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento ordinario 247/2019 deste xulgado do social, seguido por instancia de Joaquín Barreiro Tato, Ramiro López Durán e Manuel Cerdeira Campos contra a empresa Maderas Galifor, S.L., sobre ordinario, se pronunciou Sentenza do 27.2.2020, recorrible en suplicación no prazo de cinco días, a cal se atopa ao seu dispor na sede do xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Maderas Galifor, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 9 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza