No Boletín Oficial da provincia de Pontevedra núm.13, do 21 de xaneiro de 2020 (corrección de erros BOP núm. 36, do 21 de febreiro), publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover:
– Unha (1) praza de policía, pertencente á escala de Administración especial, clase de policía local, escala básica, segundo o previsto na Lei 4/2007, de coordinación de policías locais de Galicia, encadrada no grupo de titulación C e subgrupo C1, nivel de CD 17, pola quenda de mobilidade, sistema concurso.
O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.
Os sucesivos anuncios referentes a esta convocatoria, cando procedan de conformidade coas bases, faranse públicos no Boletín Oficial da provincia de Pontevedra.
Marín, 21 de febreiro de 2020
María Ramallo Vázquez
Alcaldesa presidenta