Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 27 de marzo de 2020 Páx. 17461

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

RESOLUCIÓN do 24 de febreiro de 2020 pola que se autoriza a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Los Siete I.

Visto o expediente instruído para os efectos de transmisión da batea Los Siete I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 6 de novembro de 2019, Juan Francisco Viñas Álvarez solicitou autorización para a transmisión mortis causa da concesión administrativa e da batea Los Siete I.

Segundo. A persoa interesada achegou a documentación requirida para a tramitación.

Terceiro. O informe do Servizo de Protección de Recursos sobre as características da batea é favorable.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente, de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia, modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro, e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.

Vistas as disposicións citadas, o artigo 88 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa, a favor de Juan Francisco Viñas Álvarez (***2813**), da concesión que se indica a seguir:

Identificación:

Tipo: batea.

Nome: Los Siete I.

Situación:

Cuadrícula nº: 22.

Polígono: D.

Distrito: O Grove (Pontevedra).

Especie autorizada: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título habilitante: concesión.

Orde de outorgamento: 13.12.1967.

Remate da vixencia: 15.12.2029.

Actuais titulares: Francisco Viñas Franco (***7053**) e Carmen Álvarez Meis (***5260**).

Novo titular: Juan Francisco Viñas Álvarez (***2813**).

O novo titular da concesión subrógase nos dereitos e obrigas dos anteriores e, en particular, nas obrigas derivadas da axuda percibida en concepto de investimentos produtivos en acuicultura (expediente PE205C 2016/16-8) por importe de 46.325 €, baixo o compromiso de non efectuar ningunha modificación fundamental das establecidas no artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Vigo, 24 de febreiro de 2020

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Sonia Lorenzo Santos
Xefa territorial de Vigo