Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 61 Venres, 27 de marzo de 2020 Páx. 17451

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 678/2019).

María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fai saber que no procedemento PO 678/2019, seguido por instancia de Rebeca Pita Sánchez contra Lema Centro de Psicología Aplicada, S.L.U. e con intervención de Fogasa, sobre reclamación de cantidade en concepto de salarios e vacacións, se ditou sentenza número 107/2020, de data do 26 de febreiro, estimando a demanda, e contra a que non cabe interpoñer recurso ningún. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma a Lema Centro de Psicología Aplicada, S.L.U., en ignorado paradoiro, expido o presente documento para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 3 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza