Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 60 Xoves, 26 de marzo de 2020 Páx. 17390

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO de notificación da sentenza dos autos (586/2017).

Eu, Rosana Corral García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen os autos número PO 586/2017 por instancia de Francisco Javier Reboredo Martínez contra as empresas Transvialia Servicios, S.L. e Rutas Coruña, S.L., sobre reclamación de cantidade, nos cales se ditou sentenza o 28 de febreiro de 2020 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución:

Estímase parcialmente a demanda interposta por Francisco Javier Reboredo Martínez fronte a Rutas Coruña, S.L. e Transvialia Servicios, S.L. e, en consecuencia:

– Absólvese a Transvialia Servicios, S.L. das pretensións fronte a ela exercidas.

– Condénase a empresa Rutas Coruña, S.L. a abonar a Francisco Javier Reboredo Martínez a cantidade de mil setecentos cincuenta e oito euros con sesenta e sete céntimos de euro (1.758,67 euros), devindicando os conceptos salariais o xuro moratorio do 10 %.

Notifíquese a presente resolución ás partes, facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de suplicación por razón da contía, sen prexuízo dos demais motivos previstos no artigo 191 da LRXS.

A competencia para coñecer o recurso de suplicación corresponderá, se é o caso, ao Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, debendo anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, bastando a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso consignar a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros, na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, facendo constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado xuíz do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Rutas Coruña, S.L. expido e asino a presente.

A Coruña, 5 de marzo de 2020

A letrada da Administración de xustiza