Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 25 de marzo de 2020 Páx. 17361

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 3 de marzo de 2020, da Subdirección Xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico, polo que se notifica a resolución do expediente dunha concesión hidráulica (AC/100/98).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (en diante, LPAC) e resultando descoñecido no enderezo que consta a efectos de notificacións, notificase ao titular do DNI número 32606456T a resolución do expediente de concesión de augas no río Carral, no concello de Carballo.

En cumprimento do artigo 46 da LPAC, a persoa interesada poderá comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia situadas na rúa Tomiño, 16, baixo, 15781 en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 3 de marzo de 2020

Roberto Arias Sánchez
Subdirector xeral de Xestión do Dominio Público Hidráulico