Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 59 Mércores, 25 de marzo de 2020 Páx. 17342

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 11 de marzo de 2020, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se someten a información pública a solicitude de modificación da autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para a execución do novo depósito de seguridade DDS III do Centro de tratamento de residuos industriais en Galicia. Titular: UTE Protección Medio Ambiental y Contenedores de La Coruña, S.L. Localización: concello das Somozas (A Coruña) (expediente 2019-IPPC-M-171).

Para os efectos previstos nos artígos 15 e 16 do Real decreto 815/2013, do 18 de outubro, polo que se aproba o Regulamento de emisions industriais e de desenvolvemento da Lei 16/2002, do 1 de xullo, de prevención e control integrados da contaminación (BOE núm. 251, do 19 de outubro de 2013), e no artígo 36 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental (BOE núm. 296, do 11 de decembro), faise público que por espacio de trinta (30) días hábiles, contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, estará á disposición do público a documentación presentada por UTE Protección Medio Ambiental y Contenedores de La Coruña, S.L. para solicitar a modificación da autorización ambiental integrada e o estudo de impacto ambiental para a execución do novo depósito de seguridade DDS III do Centro de tratamento de residuos industriais en Galicia, nas Somozas, co fin de que calquera interesado poda consultalos e, de ser o caso, formular dentro do dito prazo as alegacións, suxestións ou observacións que considere convenientes.

A documentación poderá consultarse na páxina web da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda (https://cmatv.xunta.gal/>>medio ambiente e sostibilidade>>prevención e control de actividades>>autorización ambiental integrada>>proxectos en información pública).

As alegacións, suxestións ou observacións dirixiranse ao Servizo de Prevención e Control Integrados da Contaminación.

Santiago de Compostela, 11 de marzo de 2020

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático

ANEXO

Memoria resumo

Titular: UTE PMA-CONTECO | SOGARISA.

NIF: U70499561.

Domicilio social: Lendo s/n, 15145 A Laracha (A Coruña).

Localización da instalación: parque empresarial das Somozas.

Modificación solicitada: execución do novo depósito de seguridade DDS III do centro.

Epígrafe de actividade (modificación da autorización ambiental integrada): anexo I, 5.5).

Categoría de proxecto (avaliación ambiental): anexo I, grupo 8.a.

Descrición da modificación:

A empresa pretende construír un novo depósito de seguridade (DDS III) e a variación da xeometría final do depósito de seguridade en explotación (DDS II). O novo DDS III situarase na Área II, na súa zona nordeste, e esta actuación enmárcase dentro dun proxecto global de construción e explotación do depósito de seguridade de residuos tóxicos e perigosos.

Verteduras:

No centro de tratamento de residuos industriais existen redes separadoras para a recollida dos diferentes efluentes de augas residuais xeradas.